• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
OCBD

OCBD

Tu tienda local de CBD

  • GL
    • ES
usuario ig-ocbd fb-ocbd
  • Cogollos e extractos
    • Cogollos de Cáñamo
  • Aceite CBD
  • Cosméticos CBD
  • Quen somos
  • FAQs
  • Blog
  • Contacto
¡Oferta!
crema hidratante lugh-cbd

Crema hidratante CBD

24,90 € 21,00 €

Proba os beneficios do CBD tamén na túa cosmética. A crema hidratante de CBD é unha opción 100% natural para manter a pel hidratada e sá. Alivia tensións musculares e consegue un efecto de calma e relaxación muscular.

Formato: 45ml.

Crema hidratante facial
CBD (10%) + mel
Uso tópico
Ingredientes 100% naturais
Dermatolóxicamente testado

So quedan 2 dispoñibles

SKU: 09 Categoría: Cosméticos cbd
  • Descripción
  • Información adicional

Descripción

¿Qué é a crema hidratante con CBD?

O mundo dos cosméticos non é indiferente da nova ola de produtos ricos en CBD. Fálase moito das propiedades beneficiosas do CBD, pero ¿inaxinabas que podería servirche tamén coma cream hidratante para a a pel da túa cara? Se estás intrigado, segue lendo e contámosche máis sobre este innovador produto.

As cremas feitas con CBD son cremas que contan con cannabidiol na súa composición.

Demostrouse que o CBD contén un principio activo que lle vai moi ben á pel. Ao aplicalo directamente sobre ésta, mediante crema hidratante, os efectos multiplícanse. O uso tópico do CBD é un dos máis habituais e aconsellados, xa non que actúa directamente sobre o torrente sanguíneo nen afecta ao sistema nervioso central, polo que o efecto sobre o organismo é moito máis controlado e paulatino.

É unha crema cunha gran capacidade hidratante, grazas a súa composición única, moito máis que calquera outro cosmético que poidas mercar en farmacias ou droguerías. A mistura dos beneficios do CBD xunto ás propiedades da mel farán que a sensación de benestar e frescura no teu rostro sexan inmediatas.

¿Para qué podes utilizala crema hidratante con CBD?

Se estás na procura dunha crema para cuidar a túa pel día a día, pero preocúpáste por usar produtos de orixe natural para o teu coidado persoal, mercar unha crema hidratante de CBD pode ser a opción máis axeitada para ti.

Os usos da crema hidratante feita de CBD son moi diversos. Pódeche ser útil se estás na procura dunha solución a un problema de orde estético, para chegar a ter unha pel hidratada e firme. A crema de CBD é a túa aliada perfecta se desexas unha pel sana, coidada e fresca. Aínda por riba, actúa coas zonas máis sensibles e secas, devolvendo a túa pel un aspecto escintilante e un tacto agarimoso.

Todas estas aplicacións, tanto estéticas coma terapéuticas, convírteno non produto que vai moito máis alá dunha simple crema hidratante.

Á hora de utilizar crema hidratante con CBD, se acompañas a apliación dun pequeno masaxe, estarás axudando a favorecer a absorción, facendo así que a efectividade do producto sexa moito maior. É aconsellable que o teu rostro estea limpo antes de aplicala crema, sendo aínda máis efectivo se está algo húmido. Procura extendela crema de maneira homoxénera, evitando os pegotes e extendéndoa por todo o teu rostro.

Agardamos que isto che sirva como achegamento ao mundo do CBD e ós cosméticos derivados deste. Se algo do que liches chamou a túa atención ou pensas que pode ser unha solución axeitada para ti, animámoste a que probes. Estamos seguros de que non te vas lamentar e decontado comezarás a notar tódolos seus beneficios.

Información adicional

Unidades

1

Produtos relacionados

  • balsamo labial cbd

    Bálsamo labial CBD

    9,90 €
  • balsamo cbd

    Bálsamo recuperador con CBD

    Desde 6,50 €

Footer

lugh footer
ig-ocbd fb-ocbd
Hemp Galiza S. Coop. Galega
Praza de Santo Domingo 2, Galerías, Local 6 27001 Lugo, Galicia, España
CIF: F02867976
661 393 689
  • Política de privacidade
  • Aviso Legal
  • Política de devolucións
  • Condicións do servizo
  • Política de cookies
iconos xunta

PROGRAMA APROL – Economía Social

Operación subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e finanziada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Utilizamos cookies para ofrecerlle a mellor experiencia no noso sitio web.

Pode obter máis información sobre as cookies que usamos ou deshabilitalos na configuración.

lugh cbd
By  GDPR Cookie Compliance
Resumen de privacidad

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

Política de cookies

Máis información sobre a nosapolítica de cookies