
Quen somos
Lugh CBD somos un proxecto cooperativista ubicado en Lugo, Galicia enfocados na produción e intermediación de produtos derivados do cáñamo industrial, é dicir, calquera variedade de cannabis con unha porcentaxe de THC inferior ao 0.2%.
Especializámonos en productos con altos contidos de Cannabidiol (CBD).
Actualmente estamos a traballar en ampliar de forma progresiva a nosa liña de cultivos para poder dispor dunha gama de produtos máis ampla, centrándonos inicialmente en cogollos e aceites esenciais de Cannabidiol (CBD).
Actualmente estamos a traballar en ampliar de forma progresiva a nosa liña de cultivos, libres de
químicos usados hoxe en día na agricultura industrial como poden ser os pesticidas ou herbicidas, para
poder dispor dunha gama de produtos máis ampla, buscando no futuro poder ofrecer as mellores flores
e aceites esenciais de Cannabidiol (CBD).
Durante este proceso iremos facendo un estudo detallado ós tan aclamados
beneficios para a terra, do cultivos de cáñamo, tratándose esta dunha das plantas con maior capacidade
de fixación de CO2. Ademais de empregarse para a recuperación de terras non fértiles e mellorar a
estrutura do chan.
O feito de ser unha cooperativa non é unha decisión aleatoria, esta decisión ven da necesidade de ser
algo máis que unha empresa, querendo formar parte no que poidamos nos circuitos de economía social, xunto con outras cooperativas que teñan as nosas ideas, formar parte da vida cultural da cidade que
habitamos, fomentar o comercio de proximidade, a sostibilidade e a defensa da lingua entre outras.
Pretendemos acercar á sociedade a nosa filosofía de traballo e os nosos valores a través deste
proxecto, mediante a nosa visión, baseada na democratización da toma de decisións, a igualdade e o
crecemento económico sostible. Actualmente traballamos cada día para ofrecerlles ós nosos clientes os
produtos de maior calidade no mercado a prezos asequibles.



Contamos con produtos no noso catálogo proporcionados por proveedores tanto nacionais coma europeos, asegurándonos de que teñan procesos produtivos ecolóxicos e orgánicos cunha pegada de C02 positiva para o medio ambiente, cumprindo cos estándares máis altos de calidade da Unión Europea e sempre actuando dentro do marco legal vixente.
Todo o noso esforzo está centrado en desenvolver cultivos de cáñamo sostibles, desenvolvendo así novos produtos mentres dinamizamos áreas rurais.
Por outra banda estamos contantemente na busca de novos proveedores, orientados sempre a conseguir os mellores cogollos de CBD con sabor, aroma e corpo o máis intenso posible.
Traballamos tamén buscando aqueles cosméticos e aceites de CBD que máis se adaptan á nosa visión, non testeados en animais, creados con produtos naturais e sobre todo, realmente efectivos.